viernes, 24 de abril de 2020

SEGUNDO RETO DE MÚSICA

Ola nenas/os:
Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.
A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.
SEGUNDO RETO (DO 24/04 AO 01/05 DO 2020):
PERCUSIÓN: Esta actividade consistirá en realizar un vídeo que teña unha duración dun máximo dun minuto onde o alumnado faga ritmos diferentes. Para isto pode empregar o seguinte:
- O seu propio corpo
-Utensilios de cociña
-Cubos, caldeiros, botes de pintura,menaxe, tapas... e o que queirades engadir. Pensade e deixade voar a imaxinación, seguro que sairán cousas espectaculares e sorprendentes. Unha vez que teñades o vídeo feito debedes envialo ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com
. Para rematar, déixovos uns enlaces orientativos que poden axudar á realización da actividade.


Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.
Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.