lunes, 31 de diciembre de 2018

TERCEIRO RETO DE MÚSICA

Ola nenas/os:

Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

TERCEIRO RETO (DO 01/05 AO 08/05 DO 2020):

CANCIÓN: Esta actividade consistirá en escoller unha canción e adicarlla a unha persoa (pode ser un familiar, unha compañeira ou un compañeiro, un membro da Comunidade Educativa... en definitiva a quen queirades).

Para realizar este reto podedes envialo a través dun vídeo curtiño ou dunha foto cun cartel ou cartolina onde se vexa a dedicatoria. No caso de que non sexades capaces de enviarmo así poñédesvos en contacto conmigo a través do enderezo electrónico.

Unha vez que teñades feita a actividade enviádela a: musicacospeito@gmail.com

Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.