sábado, 28 de marzo de 2020

SÁBADO 28 DE MARZO DE 2020

CCSS

Imos seguir coa historia.
Recordamos que a filla dos Reis Católicos, Juana la Loca, non era considerada capacitada para reinar na España creada pola unión dos reinos de Isabel e Fernando. Por iso ao morrer Fernando o trono pasou ao seu neto, Carlos, fillo de Juana la Loca. 😯
Podedes ver este vídeo que comeza coa chegada de Carlos I a España. Con el comeza en España a dinastía dos Austrias. Unha dinastía está formada polos reis e os seus sucesores, que proveñen todos dunha mesma familia. Chamouse dinastía dos Austrias porque os avós paternos de Carlos eran da dinastía dos Habsburgo.
Na actualidade o noso rei xa non pertence á dinastía dos Austrias, pero a dinastía dos Habsburgo sique aparecendo nas revistas do corazón.

CARLOS I

MATEMÁTICAS 

Para repasar, e antes de pasar ás medidas de superficie podedes facer os exercicios 1, 3, 5 e 6 da páx. 142.
O luns publico a solución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.